top of page

a

G

l

SOBRE NÓS

VerifiGal nace en 2024 como resultado da vocación dun grupo de xornalistas que desexa contribuír a despexar o ruído provocado polos bulos e loitar contra a desinformación que campa ás súas anchas por toda Galicia. Dende VerifiGal búscase ofrecer á poboación galega unha información veraz e de calidade. Ademais, a empresa ten un obxectivo fundamental: alfabetizar á sociedade galega en materia de verificación.

Por todo o anterior, púxose en marcha esta cooperativa, a primeira e a única en toda Galicia que centra os seus esforzos en sinalar aquelas mentiras interesadas e os erros que provoca o mundo da inmediatez e das présas ao que se ven sometidas moitas redaccións. Afortunadamente, en VerifiGal gozamos do privilexio da calma e non respondemos a eses ritmos tan rápidos que agora caracterizan á profesión xornalística.

Alén da nosa web onde os bulos son desmentidos e a verdade é desvelada, VerifiGal apórtache as chaves necesarias para axudarche a detectar as mentiras que circulan por redes sociais. Tamén posuímos unha newsletter quincenal (Que morra o conto!) onde poderás atopar un pouco de todo: como unha recompilación dos últimos bulos máis destacados ou as chaves para que non caías en ningunha trola. Todo dunha forma máis distendida porque o humor e o satírico tamén teñen cabida na nosa loita. 

A túa axuda é chave para que VerifiGal poida seguir verificando. Se es un/ha lector/a, subscríbete e colabora na nosa loita. Se es un medio galego, faite parte da nosa cooperativa

Como nos financiamos?

  • Capital social: As aportacións ao capital social que fagan os membros e membras da cooperativa foron a primeira fonte de financiación da empresa. 

  • Mecenado: A audiencia pódese converter en mecenas de VerifiGal. Eses/as mecenas pagan 90 euros ao ano para apoiar o proxecto e, a cambio, reciben unha serie de vantaxes exclusivas. Calquera persoa ou empresa interesada poderá facerse mecenas, mais terá que esperar a que se abra o prazo, que será o mesmo todos os anos. 

  • Doazóns: Para a xente que queira apoiar o noso proxecto mais por calquera motivo non poida ou non desexe facerse mecenas, ofrecemos esta posibilidade. Neste caso, esta opción estará aberta todo o ano e non existirá ningunha cantidade mínima nin ningunha cantidade máxima para as doazóns. Para quen non queira introducir o seu número de tarxeta, existirá a posibilidade de realizar a operación por Bizum. Todas as doazóns recibidas estarán publicadas na web e calquera poderá consultar todas as aportacións recibidas por esta vía. 

  • Subscricións:  Ademais das verificacións, elaboraranse unha serie de contidos exclusivos para subscritores. Existe a posibilidade de subscribirse de maneira anual (75 euros) ou mensual (8,95 euros). 

  • Eventos e obradoiros: Dende VerifiGal, organizamos unha gala anual, chamada VerifiGala, para a recadación de fondos. 
     

​​​​​

QUE NOS DEFINE?

Transparencia

Colaboración

Accesibilidade

Sensibilización e educación

Valores democráticos

Idea_edited.png

Innovación

Independencia

broken-chain-as-a-symbol-of-freedom-from

Outra vaca no millo? Vémonos na rede!

  • TikTok
  • Instagram
  • Twitch
  • Facebook
  • Whatsapp
  • X

Subscríbete á nosa Newsletter!

© 2024 by VerifiGal Cooperativa and secured by Wix

bottom of page